Patrimonio, fotografía e contorna dixital centran a oferta formativa de Camiños de Coñecemento e Experiencia en Ribeira

14 Maio 2026

A poboación maior de 50 anos do concello de Ribeira poderá seguir formándose coa décima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia, o programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Esta convocatorio pon o foco no patrimonio, a fotografía e a contorna dixital seguindo a metodoloxía teórico-práctica.

A concelleira de Educación, Nucha Brión, declarou que xa “son dez anos nos que desde a Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Consellería de Política Social, se nos achega o coñecemento científico ás persoas maiores de 50 anos dun xeito próximo e ameno. Teremos ocasión de mellorar o noso coñecemento sobre historia, documentalismo fotográfico e un uso máis proveitoso do móbil”.


Pola súa parte, o edil de Servizos Sociais, Vicente Mariño, indicou que dende o seu departamento se apoiarán as saídas dentro deste itinerario formativo. “Entendemos que nunha sociedade o acceso ao coñecemento non pode entenderse como un privilexio reservado a unha etapa concreta da vida. Compartir experiencias e manterse intelectualmente activo é unha oportunidade permanente. E, neste programa, temos unha formación aberta e próxima para fomentar o envellecemento activo e o enriquecemento persoal”, apuntou Mariño.

O seminario O documentalismo fotográfico: do Photo-Secession ás redes sociais marcará o inicio das clases no 5 de xuño, da man de Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica deste programa universitario, quen proseguirá no día 11 cun obradoiro.

José Manuel Vázquez Lijó, profesor doutor colaborador do IV Ciclo, ensinará sobre Pazos: microcosmos de antano no día 8 para levar a práctica a unha saída cultural ao Pazo de Goiáns no día 9.E, no día 10, será a quenda de Álvaro Dosil Rosende, profesor da facultade de Ciencias da Educación, para aprender sobre O uso do móbil, sácalle partido e continuará coa lección no día 12.

As aulas impartiranse en horario de tarde, no Centro Cultural Lustres Rivas. A matrícula xa está aberta e formalizarase de balde nas propias
dependencias culturais, no enderezo electrónico normalizacion@ribeira.gal ou no teléfono de contacto 981 835 650.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.