O renovado Campo do Sar (Padrón) estrea nova etapa tras un investimento de 334.000 euros

04 Maio 2026

Este domingo, 3 de maio, inaugurouse o novo Campo de Fútbol do Sar, tras a completa renovación do seu céspede artificial, nunha actuación que supuxo un investimento total de 334.000 euros a través do Plan de Obras e Servizos POS+ da Deputación da Coruña.

Segundo informou o Concello, as obras “permitiron modernizar unha infraestrutura deportiva que presentaba un notábel desgaste tras máis de dúas décadas de uso”. Ademais da substitución do céspede artificial, os traballos incluíron a renovación integral do sistema de rego e do valado perimetral do terreo de xogo, así como a instalación dunha rede de protección traseira nunha das porterías, reforzando deste xeito a seguridade das instalacións.

De maneira complementaria, e con fondos propios, o Concello de Padrón aproveitou a pausa da actividade deportiva para acometer diversas melloras nos vestiarios. Entre elas, destacan a renovación do mobiliario con novos bancos e a habilitación dun vestiario feminino, que permitirá mellorar as condicións de uso para as xogadoras.

No acto inaugural participaron o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o concelleiro de Deportes, Luis Mariño, acompañados polo deputado provincial de Deportes, Antonio Leira; polo vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Manuel Lores; e pola presidenta do C.D. SAR Extramundi, Adriana Vázquez.

Durante a súa intervención, o alcalde deulles as grazas á presidenta do club “polo seu empeño en mellorar as instalacións”, e tamén a todos os xogadores e xogadoras e ás súas familias “por ter aguantado os duros meses de execución das obras”. Arca celebrou que, “ás portas do seu centenario, co campo renovado, o Sar continuará facendo historia e sendo un orgullo para Padrón”.

Con esta actuación, o campo de fútbol de Estramundi dá un paso firme cara ao futuro, dotándose de instalacións modernas e sistemas de última xeración que garantirán a práctica deportiva en condicións óptimas e consolidan este espazo como referente no ámbito futbolístico da contorna.

A xornada de inauguración tivo un partido de estrea cargado de emoción, no que o Sar se enfrontou a un rival directo, o Noia CF, nun encontro clave para manter as opcións de permanencia. O equipo local acadou unha contundente vitoria por 6-2 que fixo vibrar a afección presente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.