O litoral de Corrubedo será obxecto da segunda limpeza de praias no 31 de maio

26 Maio 2026

O Concello de Ribeira promove unha nova acción de acondicionamento de praias, desta vez, xunto a Grip Surf School e outras entidades como anunciaron o concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes; o seu homólogo de Medio Ambiente, Víctor Reiriz; e Álex Sebastian, responsábel da escola de
surf. Trátase da segunda limpeza da costa en Corrubedo que está prevista para este domingo, 31 de maio, de 10.00 a 13.30 horas, e que abranguerá o tramo dende A Ladeira ata o faro. En consecuencia, os adultos chegarán á zona da Estación de Depuración de Augas Residuais, mentres que a rapazada o fará ata A Robeira.

O punto de encontro será no chiringuito Ladeira Beach, onde se repartirán bolsas e luvas.

Tal e como explica o concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes, “é a segunda limpeza que facemos neste ano con Grip Surf School na costa de Corrubedo. A primeira foi en marzo e contou coa participación de 130 persoas voluntarias, o que se traduciu na retirada de catro toneladas de lixo entre A Ladeira e O Prado. Agora que xa comezamos coa tempada estival, decidimos repetir a experiencia para seguir avanzando na educación ambiental
e no coidado e preservación das contornas naturais”.

En sentido similar tamén se pronuncia o edil de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, para quen “é preciso acadar a implicación da cidadanía no coidado das nosas contornas, pois axudan a sensibilizar e tamén é unha acción que redunda positivamente no conxunto da sociedade. E iremos ampliando o rango de acción destas limpezas a outros areais do municipio”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.