O Festival Audiovisual Escolar Olloboi edición 2026 celebra este venres a súa gala final na Abadía de San Enrique

19 Maio 2026

A nova edición do Festival Audiovisual Escolar Olloboi vaise celebrar este 22 de maio ás 18.30 horas na Abadía de San Enrique. en Boiro. Segundo confirmou a organización, a nova convocatoria vén cargada de “cinema, amizades e historias compartidas”.

A axenda inclúe entre outras cousas unha sesión especial de cinema OlloBoiro, coas pezas realizadas polos centros de primaria do Concello e as creacións da Muchachada Matiné. E pola tarde celebrarase a gala da edición 2026, con Sabela Hermida e Mario Brión como anfitrioas desta festa do audiovisual acompañades no escenario pola Escola de Música de Boiro.

Cóntase co apoio do Concello de Boiro e da Deputación da Coruña, co patrocinio de JEALSA, JJ Chicolino, Deleite e Eroski e a rede de asociacións, negocios locais e amizades que seguen facendo medrar este encontro ano tras ano: Urdime, Unión de Muchachas, Abadía de San Enrique, Mascolor, Autos Ramón Outeiral, Clic Publicidade, Quality Impresión, 7 Melicias e Viso.

Dende a organización queren facer unha mención moi especial para Thais Forján, creadora do universo visual desta edición.

Olloboi é un proxecto sen ánimo de lucro desenvolvido desde 2010 pola asociación cultural do mesmo nome, con sede en Boiro.

O Festival Audiovisual Escolar Olloboi, dirixido a alumnado e profesorado dous centros escolares desde primaria a ensino superior, transcorre nunha plataforma web os cinco primeiros meses do ano e culmina en maio con diversos actos presenciais: proxeccións, cinema de guerrilla, unha entrega de premios e un encontro de novas/os creadores e creadoras, profesorado e profesionais do audiovisual. Trátase dun proxecto independente e sen ánimo de lucro que se nutre do traballo e a ilusión dúas membros dá organización (capitanía).

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...