O Concello de Ribeira entrega caldeiros á Asociación de Veciños de Carreira para a reciclaxe de residuos orgánicos

29 Maio 2026

O Concello de Ribeira segue na súa aposta de reforzar a reciclaxe coa entrega de 12 caldeiros á Asociación de Veciños de Carreira para depositar residuos orgánicos no colector marrón. A este respecto, o concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, explicou que, “se ben é unha acción simbólica, trátase de seguir sensibilizando e incidindo no seu uso por parte da cidadanía. Nesta ocasión, fixémosllo chegar a unha entidade con numerosos integrantes para chegar a parte dos veciños e veciñas de Carreira”.

O edil convidou a toda a poboación a implicarse na redución do peso da fracción do resto e botar man das ferramentas que pon a Administración local á súa disposición e avanzar así cara unha sociedade máis verde. Cómpre lembrar que no colector marrón unicamente deberán depositarse residuos orgánicos tales como os restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas ou cortizas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.