O Concello de Ribeira celebra a consecución da Bandeira Azul para Coroso

06 Maio 2026

O Concello de Ribeira celebrou a consecución da Bandeira Azul para a praia de Coroso, logo de que a Goberno local decidiuse este ano concorrer a esta distinción que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) como garantía de calidade das augas, xestión ambiental e servizos para as persoas usuarias dos espazos marítimos. “Coroso pasa así a formar parte das 118 praias galegas recoñecidas”, salientaron dende o Consistorio.

Neste senso, a alcaldesa, María Sampedro, manifestou que “cumprimos co noso compromiso de traballar para o reforzo dos atributos deste areal urbano para conseguir esta distinción e, en consecuencia, para o desfrute de bañistas e persoas que practican deporte na contorna. Optamos por potenciar tódalas calidades das que goza esta praia, un dos recursos turísticos naturais por excelencia de Ribeira”.

A rexedora lembrou que o municipio ribeirense tamén obtivo a finais do ano pasado, por cuarta vez consecutiva, a Bandeira Verde de Galicia que concede a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático polas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe; “un galardón que tamén ondea no paseo marítimo da referida praia”, recordou, apuntando que este recoñecemento fundamentouse en dez proxectos que versan sobre a ordenación do territorio; a protección do medio ambiente e da paisaxe; o cambio climático e a eficiencia enerxética; a xestión responsábel dos residuos; e accións de sensibilización e comunicación.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.