O Concello de Ribeira, a R. e I. Cofradía da Dorna e Amicos suman forzas para limpar de residuos a praia Coroso (este sábado 23)

19 Maio 2026

Coa chegada do bo tempo, o Concello de Ribeira, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna e a Asociación Amicos, entidade inclusiva do Barbanza con sedes en Oleiros (Ribeira) e Boiro), establecen sinerxías poñendo o foco no coidado e preservación das contornas mariñas. En consecuencia, promoven unha limpeza de praias aberta a toda a cidadanía que se concentrará en Coroso, segundo deron a coñecer o concelleiro do Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes; o seu homólogo de Medio Ambiente, Víctor Reiriz; o presidente da R. e I. Cofradía da Dorna, Álex Nespereira; e parte da familia que conforma Amicos.

Esta acción medioambiental esta programada para este sábado, 23 de maio, de 11.00 a 13.00 horas, coa Escola Náutico Pesqueira como punto de encontro.

“Este tipo de actividades redundan positivamente na sociedade ao implicar á poboación na retirada de residuos dos areais, pois non só teremos limpas as nosas praias, senón que tamén sensibilizamos sobre a importancia da protección e conservación da nosa costa. Esta é unha maneira máis de promocionar o noso litoral de gran riqueza medioambiental, pesqueiro e turístico. Xa en marzo tivemos unha limpeza na zona de Corrubedo e agora centrámonos no noso areal urbano por excelencia. Ademais, seguimos traballando en novas accións que daremos a coñecer en vindeiras convocatorias noutros espazos naturais”, en palabras do concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes.

Pola súa parte, o edil de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, reiterou o compromiso ambiental do Concello de Ribeira e agradeceu a implicación desinteresada da poboación a este respecto.

“Recentemente tivemos a alumnado do IES No1 limpando Coroso e agora continuamos co labor con esta actividade que pretende retirar o
lixo, principalmente, despois das mareas polo inverno. E, unha vez máis, contaremos coa colaboración de Urbaser.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.