O Concello de Noia recupera o lavadoiro de Pedrachán

18 Maio 2026

O Concello de Noia está a recuperar estes días o entorno do lavadoiro da Pedrachán, unha intervención que en palabras do Goberno local “busca devolver á veciñanza un espazo tradicional e emblemático para o desfrute de todas e todos”.

Durante os primeiros da intervención días realizouse a limpeza da maleza e do entorno do lavadoiro, permitindo recuperar o curso da auga logo de moito tempo.

Os traballos continuarán nas vindeiras semanas cunha actuación máis ampla que incluirá intervencións concretas como o arranxo da cuberta, pintado da estrutura e reacondicionamento dos ferros oxidados.

Do mesmo xeito que xa aconteceu coa intervención no Campo da Feira, esta actuación “busca recuperar e poñer en valor espazos públicos que poidan manterse coidados e útiles durante todo o ano”, engadiu o Concello.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.