O Concello de Boiro vai levar a cabo obras para a mellora da eficiencia enerxética no Centro Social de Cures

20 Maio 2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Boiro deu luz verde á licitación das obras para a mellora da eficiencia enerxética no Centro Social de Cures, unha actuación dun importe de 155.765,08 euros que conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+ Concellos).

As actuacións que se proxectan son o cambio de carpinterías para mellorar a eficiencia enerxética; así como o cambio da cuberta de fibrocemento existente por un illamento sobre forxado horizontal para a mellora da envolvente e falso teito con illamento. Vaise a levar a cabo a instalación dun sistema de ventilación con recuperador de calor e a substitución de luminarias a LED.

Ademais proxéctanse actuacións para a impermeabilización da fachada e outras actuacións interiores como o cambio de carpinterías ou o pintado de todas as estancias.

O proxecto publicarase nos vindeiros días na Plataforma de Contratos do Sector Público para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.