O Concello de Porto do Son e a empresa adxudicataria Soom Management inician estes días o curso 2026-2027 de Natación Escolar Lúdica, unha activa formativa e deportiva para crianzas e adolescentes (de Primaria e ESO), convocada baixo o lema Xogar na auga, tamén é aprender.
Trátase, en palabras do Concello, dunha “actividade para achegarse a auga, gañar confianza e aprender xogando”.
Empregarase unha metodoloxía lúdica, adaptada á idade e ao ritmo de cada participante. O curso desenvolverase de outubro a maio, con tres grupos por idade: de primeiro a terceiro de primaria os luns ás 18.15 horas, de cuarto e sexto de primaria os mércores ás 18.15 horas e de IES os venres ás 20.15 horas. O prezo será de 10 euros ao mesmo (obrigatorio o pago cuadrimestral).
As inscricións están abertas dende este luns 21 de setembro na recepción da Piscina Municipal do Son. É imprescindíbel que as persoas que queiran participar sexan sociais dunha ANPA do concello. Máis información o teléfono 604 051 189 ou directamente na Piscina Municipal de Porto do Son.




