O Concello de Boiro rehabilitará o lagar, vivenda e as cortes do complexo patrimonial do Pazo de Goiáns

01 Maio 2026

O pleno da Corporación de Boiro celebrado este xoves 30 de abril deu luz verde ao proxecto para a rehabilitación do lagar, vivenda e cortes do Pazo de Goiáns coa finalidade de formalizar un convenio coa Deputación da Coruña para o seu financiamento.

O Concello de Boiro é propietario da finca e Pazo de Goiáns, un conxunto formado polo inmóbel principal, o pazo e a torre, e as construcións auxiliares que se atopan na finca.

Dende o Executivo local lembran que “todo o conxunto conta cun importante valor patrimonial que é preciso preservar polo que se acometeron xa as obras do inmoble principal e a capela”.

Mediante esta solicitude de subvención á Deputación da Coruña o que se pretende é continuar coa conservación e rehabilitación dos elementos patrimoniais do lagar pequeno, a vivenda e as cortes cun proxecto ascende aos 252.332,38 euros.

O proxecto que se pretende acometer contempla obras de consolidación urxentes de ámbito estrutural e tamén nas envolventes, executando as estruturas da cuberta derrubadas, saneado dos muros de pedra, a nivelación e conservación do piso, así como a recuperación ou instalación de carpinterías, portas e ventás das edificacións sobre as que se vai actuar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...