O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro celebrará as Letras Galegas con comida, xogos e música

14 Maio 2026

O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro (Rianxo) celebra este vindeiro domingo 17 de maio o Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora Begoña Caamaño, autora do multipremiado libro Morgana en Esmelle. O programa inclúe un discurso conmemorativo a cargo de Roberto Abuín e Rafa Xaneiro.

A festa, que dará comezo ás 13.00 horas, tamén vén cunha mexilloada e unha parrillada (de balde para socios). Haberá música variada e xogos populares para todas as idades (se o tempo acompaña). A celebración prolongarase até o serán cunha foliada libre na que se fai un convite ás persoas asistentes e traer os seus propios instrumentos (comida e bebida de balde para os músicos).

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...