O BNG exerce presión ao Goberno para aprobar de urxencia a exención de cotas das mariscadoras á Seguranza Social

20 Maio 2026

A senadora do BNG, Carme da Silva Méndez, reclamou novamente ao Goberno do Estado “aprobar de maneira urxente a exención de cotas á Seguranza Social das mariscadoras galegas”, mantendo ese tempo como cotizado para que non perdan anos de cotización, e demandou coñecer “cando e como se aprobará esta medida en favor dun sector tan importante para a Galiza”.

Após o que a senadora cualificou como “un novo adiamento dos prazos para a tramitación do proxecto de lei que, en teoría, incorporará a exención das cotas”, o BNG vén de rexistrar novas iniciativas para exercer presión sobre o Goberno co obxectivo de que se aproben de maneira urxente.

Carme da Silva Méndez lembra que a Ministra de Inclusión, Seguranza Social e Migración, en resposta a unha pregunta oral formulada polo BNG no Senado declaraba a vontade “coñecida e favorábel” do Goberno a exonerar as cotas ás traballadoras afectadas durante o tempo en que permaneza suspendida a actividade. O BNG, se ben reflicte que a iniciativa está suxeita aos procesos propios da tramitación dun proxecto de lei (procesos que bloquean o seu desenvolvemento), di que “existen outros mecanismos legais que permitirían a aprobación desta medida con carácter urxente”.

“O Goberno do Estado fai gala de saber actuaren situacións de emerxencia e crise. Por que as mariscadoras galegas ten que agardar para obter compensacións como consecuencia dos temporais?” require a senadora do BNG. Para Carme da Silva Méndez, o sector “non pode seguir agardando pola tramitación dun proxecto de lei cuxo prazo de emendas non deixar de prorrogarse” ante a grave situación en que se atopan.

Neste sentido, o BNG sinala que o Goberno do Estado ten a súa disposición “outros instrumentos legais que permitirían aprobar esta medida de maneira urxente” polo que o urxe a “exonerar xa” as cotas da Seguranza Social ás traballadoras e traballadores afectados durante o tempo que permaneza suspendida a actividade.

“Estamos a falar de máis de 7.000 mariscadores e mariscadoras, tanto a pé como a frote. Non ten sentido dilatar a solución cando o sector vive, no momento actual, unha enorme incerteza ante o cese obrigado da actividade” salienta a senadora nacionalista.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...