O alumnado do PIE de Boiro, Rianxo e A Pobra formase en pastelería, cociña e manexo de carretillas elevadoras

12 Maio 2026

O alumnado do Programa Integrado de Emprego 2025/2026 que o Concello de Boiro leva a cabo coa colaboración dos concellos de Rianxo e A Pobra, finaliza accións formativas en pastelería, cociña e manexo de carretillas elevadoras.

No curso de Pastelería e postres para restauración un total de 14 participantes recibiron formación en técnicas culinarias e aplicación dos fundamentos básicos en pastelería. Durante as 20 horas formativas adquiriron coñecementos na utilización e tratamento de diversos produtos para a realización de distintas elaboracións de pastelería e repostería.

Un total de 14 alumnos e alumnas participaron tamén no curso de Aplicación de fundamentos básicos en cociña, no que recibiron técnicas culinarias e aplicación dos fundamentos básicos de produtos alimentarios. Durante as 60 horas formativas adquiriron coñecementos na utilización e tratamento de diversos alimentos para a realización de distintas elaboracións gastronómicas, empratado e presentación de menús.

Outra das formacións levadas a cabo foi a de condución de carretillas elevadoras, onde 18 participantes recibiron formación en condución e manexo de carretilla elevadora e condicións de seguridade. Durante 20 horas formativas adquiriron coñecementos en control de cargas e desprazamentos das mesmas, operacións de mecánica básica, simboloxía, paletización e almacenaxe, seguridade e prevención de riscos.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2025/2026 realizase coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra e está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...