Medio Ambiente financiará con 20.000 euros o traballo de protección ambiental de Amicos no Parque das Illas Atlánticas

04 Maio 2026

A Xunta financiará con 20.000 euros a Amicos, asociación inclusiva do Barbanza, para realizar labores de conservación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, segundo lle trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ao director xeral desta entidade sen ánimo de lucro, Xoán España, durante unha reunión que mantiveron este 4 de maio.

En concreto, persoal de Amicos executará traballos de formación e mantemento do viveiro de anxiospermas mariñas, así como de restauración de praderías. Cómpre indicar que as anxiospermas son plantas superiores con flores, raíces, tallos e follas que evolucionaron para vivir somerxidas no mar. Son clave para o ecosistema, xa que producen oxíxeno, capturan carbono, prevén a erosión costeira e actúan como refuxio para diferentes especies.

Esta actuación enmárcase nos traballos que se están desenvolvemento no Parque Nacional para o mantemento e conservación dos fondos mariños no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia PRTR Mariño.

Ángeles Vázquez fixo fincapé no papel das persoas con discapacidade como axentes ambientais e puxo en valor o compromiso de Amicos coa conservación do medio a través de proxectos centrados na adaptación ao cambio climático, á educación e sensibilización ambiental, á protección da biodiversidade e á economía verde inclusiva.

En concreto, a conselleira destacou iniciativas como os programas de voluntariado e acción ambiental inclusiva, que, segundo salientou, “contribúen á mellora do medio terrestre e mariño e fomentan a implicación da cidadanía na súa protección, e a iniciativa Amiríos, que está enfocada á conservación fluvial con accións como limpezas de lixo, control de especies invasoras e reforestación de ribeiras contribuíndo a protexer a biodiversidade dos ríos galegos”.

Tamén lembrou que Amicos é unha asociación galega sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, autismo e parálise cerebral. Conta con máis de 25 anos de traxectoria e é un referente na inclusión social e laboral na comarca do Barbanza e noutras zonas da xeografía galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.