“Iago Santalla” – Xulio Xiz

19 Maio 2026

Iago Santalla, de Vilaxuste-Portomarin, compareceu recentemente nunha comisión do Senado para falar de diversidade funcional.

Para os que o coñecemos e queremos, foi emocionante ver a Iago, de corpo mancado e espírito vibrante, expoñer aos senadores, coa súa voz quebrada pero coa seguridade que da a razón, a realidade da súa aldea, na que o apelido non é o máis importante, senón a casa de onde un procede; a unidade familiar que o é todo no noso rural, e na que Iago certificou que sempre estivo plenamente incluído.

Para quen del no saiba, digo que Iago, feble de corpo, de intelixencia privilexiada, é doutor en Humanidades e practica con plena consciencia e potencia a súa teoría do “ilímite”, que proclama que toda persoa non ten máis límite ca o que el mesmo se propón, e el non ten máis limites ca os físicos que lle marca a cadeira de rodas desde a que goberna a súa vida, e desde a que co exemplo alenta a moitos que nos proclamamos devotos do seu estar e ser.

Que fermosura escoitarlle contar aos senadores como a súa familia o fixo ser normal desde o primeiro momento da vida; de como o seu avó Antonio lle construíu un aparello para naturalizar o feito de xogar ao tute.

Falou de que no noso rural non hai servizos porque non hai xente; e non hai xente porque non hai servizos; de que facer máis habitable o rural xera máis igualdade; que para ter un rural vivo hai que investir nel aínda que sexa deficitario. Os senadores, alucinados, só puideron aplaudir.

E os que o vimos en diferido, emocionados polo ilimite do amigo, rendémonos á súa superación, o seu exemplo e as súas altas capacidades para sentir, comunicar e convencer.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...