Comezan as obras da 2ª fase para dotar de luminarias LED ao paseo marítimo de Rianxo

21 Maio 2026

Esta semana comezan en Rianxo as obras da segunda fase do proxecto que permitirá renovar a totalidade das luminarias do paseo marítimo.

Segundo informou o Concello, nesta segunda fase, que conta cun investimento de uns 40.000 euros, cambiarase o tramo comprendido entre A Carballeira e a praia do Pazo. As luminarias actuais cambiaranse por outras de maior eficiencia enerxética que empregarán tecnoloxía LED.

Nos vindeiros días licitarase a terceira e última fase do proxecto, explicaron dende o Goberno local, engadindo que “para o vindeiro inverno teremos a iluminación do paseo compretamente renovada”. Tamén apuntaron que “xa aprobamos dous proxectos para comezar o antes posíbel co cambio de firme de toda a zona que na actualidade está empedrada” e que “estes dous proxectos suman un investimento total de 457.024,26 euros”.

Como lembraremos, na primeira fase renovouse o tramo comprendido entre Setefogas e A Carballeira instalando luminarias de maior eficiencia enerxética.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.