Caldas de Reis renova a súa colaboración inclusiva e medioambiental con Amicos

19 Maio 2026

O Concello de Caldas de Reis e a asociación Amicos, referente inclusivo do Barbanza, renovaron o seu convenio de colaboración co obxectivo de dar continuidade ao servizo de orientación laboral especializado que a entidade desenvolve no municipio, así como reforzar o traballo conxunto en proxectos sociais e medioambientais. A sinatura do acordo celebrouse na mañá deste 19 de maio na Casa do Concello, á que asistiron o alcalde de Caldas, Jacobo Pérez, e o responsábel da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, Miguel Beiro.

Grazas a esta renovación, o Concello continuará coa cesión dun espazo municipal desde o que o equipo de orientación laboral de Amicos presta
atención individualizada a persoas con discapacidade da comarca, acompañándoas nos seus procesos de formación, procura de emprego e mellora da autonomía persoal e profesional.

No último ano, este servizo permitiu atender a máis de 50 persoas en Caldas de Reis, ofrecendo apoio especializado e itinerarios adaptados ás
necesidades de cada participante.

A alianza entre ambas entidades vai máis alá do ámbito laboral. Así, o Concello de Caldas de reis e Amicos continuarán colaborando tamén en distintas accións de sensibilización social e coidado medioambiental, entre elas o proxecto europeo TRAP, centrado na loita contra os residuos plásticos nos ecosistemas fluviais e mariños e na promoción dunha maior conciencia ambiental na comunidade.

Ademais, ambas partes coincidiron na “importancia de seguir traballando de maneira coordinada na procura de novas vías de financiamento que
permitan ampliar e mellorar o servizo de orientación, reforzando así os recursos e apoios ofrecidos ás persoas participantes”.

Durante o encontro, Jacobo Pérez puxo en valor “o traballo que Amicos desenvolve na comarca acompañando ás persoas e xerando oportunidades reais” , destacando tamén “a importancia da posta en marcha de iniciativas e a colaboración con entidades que contribúen a construír unha sociedade máis inclusiva e comprometida co entorno” . Pola súa banda, Miguel Beiro agradeceu “a confianza e implicación do Concello de Caldas de Reis” , subliñando que “as alianzas coas administracións locais son fundamentais para achegar os servizos ás persoas e seguir creando oportunidades desde o territorio”.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.