A ABE e o Concello de Boiro impulsan unha nova edición da campaña de dinamización comercial Compras con Corazón

05 Maio 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE), coa colaboración do Concello de Boiro, lanzou este mes de maio unha nova edición da campaña Compras con Corazón, dirixida a dinamizar o comercio local e reivindicar as múltiples vantaxes de mercar en clave de proximidade. O concelleiro, Marcos Fajardo, participou na presentación da campaña xunto co presidente da ABE, Daniel García.

Indicaron que esta iniciativa pasa a integrarse no calendario anual de accións de dinamización comercial do municipio logo do éxito acadado na edición anterior ao ser finalista nos Premios Comercio Galego.

Engadiron que a campaña desenvolverase ata o vindeiro 23 de maio, combinando incentivos directos ao consumo co desenvolvemento de actividades lúdicas e familiares que buscan reforzar a conexión entre comercio e cidadanía.

O presidente da ABE, Daniel García, destacou durante a presentación que “Compras con Corazón non é só unha campaña de promoción, é unha ferramenta para fortalecer o vínculo entre os negocios locais e a veciñanza. Queremos que mercar en Boiro sexa unha experiencia completa, que vaia máis alá da compra e que xere comunidade”. Ademais, subliñou que “o feito de consolidala no calendario anual demostra que funciona, que o comercio responde e que os clientes valoran este tipo de iniciativas”.

Pola súa banda, o concelleiro sinalou que “o comercio local é unha peza clave na economía e na vida social do noso municipio, e campañas como esta contribúen a dinamizar as rúas e a apoiar directamente aos nosos negocios”. Engadiu tamén que “a colaboración entre o Concello e a ABE é fundamental para seguir impulsando accións que teñan impacto real no tecido empresarial”.

Sorteo de 2.000 euros en vales de compra

As persoas que realicen compras nos establecementos asociados poderán cambiar os seus tíckets por rifas, entrando así no sorteo presencial de 2.000 euros en vales de compra (un premio de 1.000 € e catro premios de 250 €), que está programado para o 23 de maio durante a festa final.

Ademais, recibirán os chamados Vales Corazón, que poderán empregar ese mesmo día para acceder a degustacións gastronómicas e actividades infantís.

Co obxectivo de facilitar a participación, será a propia ABE a encargada de xestionar o cambio de tíckets por rifas e a entrega dos vales nos puntos habilitados. Como incentivo adicional, entregarase un abanico de agasallo aos 100 primeiros clientes que realicen o cambio de tíckets.

O peche da campaña terá lugar o sábado 23 de maio na praza de Galicia, cun evento aberto á cidadanía que combinará actividades infantís, música en directo e gastronomía. A programación incluirá inchábeis, sesión musical, degustacións e sorteo presencial de premios.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.