“50 anos dunha inmensa nube negra” – Antón Luaces

14 Maio 2026

O accidente na ría da Coruña do petroleiro español “Urquiola”  vai 50 anos nunca será esquecido por cantos, aquel 12 de maio de 1976, tivemos que vivir -directa ou indirectamente- as consecuencias dun dos grandes desastres marítimos rexistrados en Galicia. E o do petroleiro que “tocou” nos baixos das Xacentes, reúne tódalas condicións para ser recoñecido coma un dos  desastres marítimos do século XX.

Para que tal recoñecemento se produza, debe conlevar a participación no mesmo dun ou varios buques  e pode implicar accións militares (que non é o caso, se ben polo medio andaron as autoridades da Armada debido á inexistencia daquela de responsábeis civís coa condición de autoridades marítimas. É dicir: a responsabilidade no mar correspondía á Armada).

O termo “desastre marítimo” ten senso na súa aplicación ao acontecido na ría da Coruña nas primeiras horas da tarde dese 12 de maio de 1976, porque o recoñecemento da condición de desastre marítimo pode (ou debe) ter como resultado un ou máis dos seguintes eventos simultaneamente: perda de vida (a do capitán do “Urquiola), contaminación do medio marítimo (vertedura de petróleo), degradación do ecosistema acuático e perdas económicas a grande escala (o sector pesqueiro e marisqueiro rexistrou cuantiosos danos ecolóxicos -desapareceron algunhas especies- e os danos económicos provocaron o peche de numerosas empresas relacionadas co sector), destrución de propiedades en terra (rexistráronse en varios puntos da costa galega).

O “Urquiola” procedía do Golfo Pérsico. Unha mala sinalización dunha agulla rochosa dos baixos das Xacentes (ría da Coruña) fixo que este gran buque que levaba a súa carga á empresa Petrolíber, rexistrara o accidente. Provocou unha vertedura de 100.000 toneladas de petróleo,  que afectou gravemente ás rías de Betanzos, Ferrol e Ares, uns 200 quilómetros de costa.

Tiña o “Urquiola” unha eslora de 276,54 metros, manga de 39,07 m., e un calado de 15,19 m., cun rexistro  bruto de 59.707 toneladas e o peso morto de 111.225 toneladas. Fora construído nos estaleiros de Sestao no ano 1973 (tres antes do embarrancamento). A súa tripulación estaba formada por 38 mariños.

A marea negra evidenciou a total ausencia en Galicia (e tamén no resto de España) de medios técnicos para loitar contra da contaminación por hidrocarburos. Os deterxentes empregados na limpeza do mar e da costa procedían de Inglaterra.

O Informe CEDRE responsabilizou ao Goberno español, eximindo delas ao capitán Castelo, xa que quedou demostrado que as cartas de navegación non sinalaban a presenza das agullas agora coñecidas como “agullas do Urquiola”. 

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...