Zeltia Lado aposta pola igualdade de oportunidades na Feira de Emprego do Barbanza

16 Abril 2026

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron na mañá deste 16 de abril no desenvolvemento da Feira de Emprego do Barbanza, unha xornada organizada polo Concello de Boiro para impulsar o talento e a economía local e comarcal.

Pola súa banda, Lado puxo en valor o evento como punto de encontro de empresas de distintos sectores produtivos, entidades formativas e servizos de orientación laboral no marco dunha mesa dirixida ás novas xeracións ou a persoas en busca de reciclaxe profesional ante as que puxo en valor a aposta da Xunta por unha formación para o emprego flexible adaptada ás necesidades do tecido produtivo e das persoas traballadoras.

Mentres, María Quintiana falou da importancia de poñer a mirada na igualdade, de cambiar patróns estruturais e metodoloxías que seguen presentes desde hai anos, tamén no eido laboral, para crear empresas, organizacións e sociedades máis xustas e igualitarias. Nese sentido, tamén abundou sobre a necesidade de abordar os coidados nas organizacións desde unha perspectiva de xénero e da importancia de seguir introducindo o benestar emocional e de crear espazos de traballo amables, seguros e que acompañen. Así, entre outras claves, falou de importancia de seguir impulsando a conciliación e a corresponsabilidade, como xa se está a facer desde a Xunta de Galicia a través de distintas políticas recursos específicos.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.