Rosana Pérez alerta do “risco de peche” de varias confrarías, incluída a da Pobra

28 Abril 2026

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, cualificou este 28 de abril de “situación crítica” o estado polo que atravesan numerosas confrarías de pescadores e mariscadoras galegas. A deputada da Pobra do Caramiñal rexeitou “rotundamente” que as choivas sexan o problema principal do marisqueo neste ano 2026, tal e como suxire o Goberno autonómico, engadindo que “o problema principal do marisqueo no ano 2026 é a ineptitude e a inutilidade dunha consellería que leva anos sen atender ao sector marisqueiro”, afirmou con contundencia. Neste sentido, subliñou que as inclemencias meteorolóxicas son “a puntilla para un sector que a propia consellería leva anos abandonando”.

A deputada nacionalista alertou sobre a “perda de traballadores e traballadoras do marisqueo continua e cada vez maior, unha sangría que ten como principal consecuencia que moitas confrarías sexan incapaces de manter a súa propia estrutura”, dixo, engadindo que “hai confrarías neste país, non unha nin dúas, que están a piques de pechar a súa porta”.

Como exemplo máis destacado, Pérez citou a Confraría da Pobra do Caramiñal, unha entidade con “case cen anos de existencia” que conseguiu superar temporais, crises e choivas ininterrompidas, pero que é “incapaz de resistir e superar as políticas absolutamente lesivas deste goberno e desta Consellería do Mar”. Xunto a ela, mencionou outras confrarías en situación “hipercrítica” como as de Mugardos, Cabo de Cruz, Rianxo ou Vilanova.

A este respecto, o BNG presentou unha proposición non de lei que contiña catro medidas urxentes: “Avaliar con rigor a situación das confrarías, habilitar unha liña de axudas directas e urxentes para evitar a súa desaparición, articular préstamos a través do IGAPE con condicións favorábeis, e que a Consellería asuma o cen por cen dos custos de vixilancia e asistencias técnicas durante o tempo necesario para a normalización”, lembrou Pérez, engadindo que “esta proposición non de lei para fortalecer as confrarías de pescadores foi rexeitada cos votos en contra do PP”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...