Ribeira segue facendo deporte con fins solidarios co sexto Memorial Juan Vidal Pérez no 19 de abril

15 Abril 2026

O Concello de Ribeira e a ANPA de Castiñeiras organizan a sexta edición do Memorial Juan Vidal Pérez; unha proba que convida a correr e camiñar no domingo, 19 de abril, a favor da asociación do Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Castiñeiras. Esta cita que suma deporte e solidariedade partirá ás
11.00 horas dende as pistas do Castro para percorrer unha distancia de cinco quilómetros pola contorna da parroquia ribeirense.

Segundo declara o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, “unha vez máis deporte e solidariedade volven ir da man, desta vez, cun evento dirixido a favor dunha ANPA con gran dinamismo como é a do colexio Sagrado Corazón de Xesús. Quero destacar o labor desta entidade a prol do alumnado e das súas familias, pero que tamén se estende ao conxunto da sociedade ribeirense. No domingo toca calzar novamente zapato cómodo para correr ou andar por unha boa causa”.

As inscricións formalizaranse na páxina web www.galitiming.com por unha cota de 6 euros nas distintas modalidades, se ben os menores participarán de balde. O recadado irá destinado a sufragar as iniciativas que pon en marcha a asociación de nais e pais do centro educativo.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.