Patricia Torrado presenta este xoves no Ateneo Valle-Inclán o seu poemario “Nakba”, gañador do Premio de Poesía do Concello de Vilalba

22 Abril 2026

Patricia Torrado Queiruga, escritora do Porto do Son, estará este xoves 23 de abril en Ribeira, no Ateneo Valle Inclán (Bar Plaza) para presentar o seu libro Kakba, recentemente distinguido co Premio de Poesía do Concello de Vilalba. A cita dará comezo ás 20.30 horas e contará coa presenza da autora acompañada de Antonio Lijó, secretario do Ateneo Valle-Inclán.

Nakba (Catástrofe en árabe) é o título do novo libro da poeta Patricia Torrado Queiruga, os versos cos que gañou en 2025 o Premio de Poesía de Vilalba e que publica Alvarellos Editora en febreiro de 2026. Nunha edición ilustrada pola artista gazatí Reem M Al-Arqan e que inclúe a tradución dos poemas, dende o galego orixinal, tamén en castelán, inglés (a cargo da propia autora) e ao árabe (neste caso, na versión de Omneia Sadek El-Shahat).

Nakba é un poemario de denuncia, un berro indignado contra o xenocidio dun pobo, o palestino, e a destrución de Gaza a mans do goberno de Israel. A autora pregúntase: “Pode un poema describir a barbarie?, canto tardará en marchar do noso vocabulario o léxico da dor?”.

Son en total 24 poemas distribuídos en catro apartados: Raizame, Escombros, Resistir coa palabra e Réquiem.

Tanto a ilustradora Reem como Nasser Rabad levan vivindo na Franxa de Gaza todo o conflito.

A autora

Patricia Torrado Queiruga, nada en Porto do Son en 1987, é unha escritora, xornalista e museóloga galega, ademais de experta en conservación e restauración do patrimonio e activista cultural.

En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala. O ano pasado presentou na Casa da Cultura de Porto de Son o libro Ouveos fractais, acompañada na cita literaria pola arpista Clara Pino, e tamén pola secretaria da Asociación Cultural Barbantia, Milagros Torrado.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.