Patricia Torrado Queiruga gaña con “Nakba” o LI Certame Literario do Concello de Vilalba

28 Agosto 2025

O xurado do LI Certame Literario do Concello de Vilalba decretou como gañadora desta nova edición do concurso a obra Nakba da escritora sonense Patricia Torrado Queiruga. A obra gañadora foi presentada baixo o epígrafe Coma quen lambe a ferida. A poeta e novelista da nosa comarca recibirá un premio de 7.000 euros, ao que se suma a publicación da obra.

O xurado estivo composto por figuras de referencia do ámbito cultural e académico galego: Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia; Xulio Xiz, xornalista; Fidel Fernán, director do Grupo de Radio Principal; Luz Airado, avogada e poeta; e Andrea Fernández Maneiro, poeta e gañadora da edición anterior.

A alcaldesa Marta Rouco destacou “a importancia de manter vivo un certame que forma parte da identidade cultural de Vilalba e que é, ademais, un referente en toda Galicia polo seu prestixio e pola súa aposta decidida pola creación literaria”. Engadiu que “detrás destas cinco décadas de historia hai un compromiso claro co talento, a cultura e a palabra escrita”.

Patricia Torrado Queiruga, nada en Porto do Son en 1987, é unha escritora, xornalista e museóloga galega, ademais de experta en conservación e restauración do patrimonio e activista cultural. En 2020 gañou o Certame Manuel Murguía de narracións breves co relato Silencios náufragos. En decembro de 2020 obtivo o primeiro premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba coa obra Herdar a fala. O ano pasado presentou na Casa da Cultura de Porto de Son o libro Ouveos fractais, acompañada na cita literaria pola arpista Clara Pino, e tamén pola secretaria da Asociación Cultural Barbantia, Milagros Torrado.

Segundo explicou a autora, Ouveos fractais é un libro adicado “a todas as mulleres sen voz e a todos os que ouvean canda elas”. Trátase dun feixe de poemas directamente encamiñados a loitar contra este silencio e, por extensión, contra as moitas e variadas manifestacións da violencia e da desigualdade.

Participan con ilustracións e fotos Diana Fajardo, Adolfina Mesa, Viki Rivadulla, Emma Pedreira, Andrea F. Maneiro e Paola García.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.