Padrón celebra o Mes do Libro cun programa de actividades para todos os públicos na Biblioteca Municipal

13 Abril 2026

O Concello de Padrón celebra durante este mes de abril o Mes do Libro cunha programación cultural pensada para achegar a lectura á veciñanza de todas as idades, con especial atención ao público infantil, familiar e xuvenil.

As actividades desenvolveranse na Biblioteca Municipal e inclúen propostas participativas e de animación lectora.

A programación comeza este martes 14 de abril coa apertura dunha mostra bibliográfica xuvenil (+13), que reúne unha coidada selección de títulos dirixidos á mocidade, con lecturas que buscan atrapar desde a primeira páxina e convidar a reflexionar, medrar e imaxinar. Como complemento, durante este período tamén se fará entrega dun marcapáxinas de agasallo, como acción de promoción do libro e da lectura.

O xoves 23 de abril, ás 17.30 horas, coincidindo co Día do Libro, terá lugar un obradoiro de decoración de bolsas portalibros, dirixido ao público xeral e familiar. As persoas participantes poderán personalizar bolsas e mochilas de diferentes cores e tamaños para transportar os seus libros, empregando materiais como retallos, feltros, cintas ou apliques. A actividade, impartida por O faiado de Nin, terá unha duración aproximada de 90 minutos.

A programación completarase o mércores 29 de abril, ás 17.30 horas, cun contacontos para nenos e nenas de 4 a 12 anos. A través de Os contos da leiteira, a compañía OQO ofrecerá unha sesión de narración oral de 50 minutos que combina historias protagonizadas por mulleres diversas con relatos simbólicos interpretados por animais, promovendo valores como a igualdade e a diversidade.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición na Biblioteca Municipal de Padrón, a través dos teléfonos 981 810 761 e 645 846 479, ou no correo electrónico biblioteca@padron.gal

Esta iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, no marco do programa Ler conta moito, e reforza o compromiso do Concello de Padrón coa promoción da lectura e coa dinamización cultural, convertendo a biblioteca nun espazo vivo de encontro, aprendizaxe e participación.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.