O BNG de Boiro retoma as xuntanzas parroquiais cun encontro en Escarabote

24 Abril 2026

O BNG de Boiro convoca á veciñanza de Escarabote a participar nunha xuntanza parroquial aberta que terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Social de Escarabote. A voceira municipal do BNG, Raquel Suárez, anima a todas as veciñas e veciños a achegarse a este encontro co obxectivo de manter unha conversa directa sobre os principais problemas e preocupacións do municipio.

Como é habitual, o BNG desenvolve anualmente unha rolda de xuntanzas parroquiais nas que a cidadanía é a protagonista. Estas reunións permiten recoller de primeira man as inquedanzas da veciñanza e orientar o traballo político cara ás súas necesidades, trasladando as demandas ás institucións municipais para procurar solucións eficaces.

Dende o BNG destacan que a súa acción política está marcada polo contacto directo coa xente, co compromiso de escoitar, atender e dar resposta ás problemáticas locais.

Nesta ocasión, ademais de escoitar á veciñanza, tamén se abordarán cuestións de actualidade como a suba de impostos ou o canon da auga, co fin de aclarar dúbidas e compartir información relevante.

“Traballamos man a man coa veciñanza para mellorar Boiro, porque no BNG a túa voz conta”, afirma Suárez.

O encontro está aberto a toda a cidadanía e pretende ser un espazo de diálogo, participación e construción colectiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.