Noia celebra unhas xornadas de memoria histórica sobre a II República

03 Abril 2026

O Concello de Noia, no marco do seu compromiso coa recuperación e difusión da nosa historia democrática, organiza este mes de abril unhas xornadas dedicadas á II República.

As actividades foron presentadas pola concelleira de Memoria Histórica, Chelo Martínez, e o tenente de alcalde, Manolo Seijas, quen destacaron a importancia de manter viva a memoria colectiva e poñer en valor os principios de liberdade, igualdade e xustiza.

Ao longo destes días, veciñanza e visitantes poden participar en propostas culturais e divulgativas que nos achegan á nosa historia recente desde diferentes perspectivas.

Os encontros darán comezo o 11 de abril, coa representación da peza teatral O Mestre, de Xosé Agrelo, nunha adaptación da Asociación Cutural O Xeito (a entrada será de balde, o 11 de abril, ás 20.30 horas no Coliseo Noela).

O 14 de abril presentarase o libro María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo, de Aurora Marco. Será na Casa da Cultura ás 20.30 horas.

As xornadas inclúen tamén unha mesa redonda sobre a II República o 17 de abril ás 20.30 horas no Casino de Noia, moderada por Marta Lois, decana da Facultade de Ciencias Políticas da USC.

Farase tamén unha homenaxe a Maxi Olariaga, baixo o epígrafe Na defensa dos valores republicanos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...