Muros acolle un novo obradoiro de iniciación á pesca submarina

20 Abril 2026

Muros acolle o próximo domingo, 26 de abril, un novo obradoiro de iniciación á pesca submarina en Esteiro, organizado pola Federación Galega de Submarinismo, coa colaboración do Concello de Muros. “Tras o éxito das edicións anteriores, chega de novo este taller da man de Soraya Hermida, tricampioa galega e campioa de España de pesca submarina, e Belén Díaz, campioa da Copa Galicia 2024”, explica o concelleiro de Deportes, Damián Torea. Será unha actividade con formación teórica e práctica para persoas maiores de 16 anos. De 10:00 a 13:00 horas.

Quen desexe máis información e formalizar as inscricións pode facelo a través do móbil 650 543 519.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.