Mónica Varela presenta na Libraría Social ULA de Outes o seu libro de poesía infantil “Arredor do Sol”, este venres ás 19.30

24 Abril 2026

A ULA Libraría Social, na rúa da Capela da Serra de Outes, acolle este venres 24 de abril a presentación do libro Arredor do Sol (Edicións Fervenza), unha contribución literaria de poesía infantil escrita por Mónica Varela Gestoso, escritora e profesora de Vilanova de Arousa. A presentación contará coa súa presenza, e dará comezo ás 19.30 horas.

Trátase dun libro ilustrado a toda cor e encadernado en tapa dura. Achega un mundo de versos que orbitan arredor dos astros, a lúa, o sol e as estrelas e proponnos unha viaxe, á vez interior e exterior, na que sobrevoamos o universo.

O libro déixase ler por un público variado, que vai máis alá da infancia, que conecta coa corrente galega máis nosa, a do hilozoísmo e do paisaxismo ou a estética da paisaxe, e por iso non deixa de ser un chanzo máis, e ben grande, no minguado corpus de poesía infantil para todas as idades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.