Máis de 150 persoas participaron na xornada sobre autismo celebrada en Rianxo

19 Abril 2026

O Auditorio de Rianxo acolleu este sábado 18 de abril o encontro FormaTEA 2026, a primeira xornada formativa da Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza (BarbanTEA). A xornada xirou en torno á regulación no autismo e foi conducida pola especialista Anabel Cornago, formadora, activista, nai dun fillo autista e responsábel do blog El sonido de la hierba al crecer.

Cornago convidou aos asistentes a reflexionar sobre a importancia de mirar máis aló as condutas e entender as necesidades e vivencias das persoas autistas, como base para un acompañamento respectuoso e transformador.

Participaron máis de 150 persoas de diferentes puntos de Galicia.

Organizou BarbanTEA en colaboración co Concello de Rianxo e a Universidad Internacional de La Rioja (UNIR).

Foi unha formación práctica, comprensiva e profundamente respectuosa, dirixida a familias, docentes e profesionais, persoas autistas, estudantes e persoas interesadas na neurodiverxencia. A xornada achegou formación ás persoas asistentes nos seguintes puntos: comprensión profunda do funcionamento autista; estratexias sensoriais, emocionais e executivas, ferramentas reais para o día a día e exposición de materiais e talentos autistas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.