Máis de 150 persoas participarán este sábado na xornada sobre regulación do autismo de Rianxo

17 Abril 2026

O Auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro sábado 18 de abril o encontro FormaTEA 2026, a primeira xornada formativa da Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza (BarbanTEA) que foi presentada no Salón de Plenos do Concello de Rianxo. A xornada xirará en torno á regulación no autismo e será conducida pola especialista Anabel Cornago. Participarán máis de 150 persoas de diferentes puntos de Galicia. Dará comezo ás 9.00 horas e rematará ás 20.00 horas, con xantar incluído. Haberá modalidade en liña dispoñíbel.

Organiza BarbanTEA en colaboración co Concello de Rianxo e a Universidad Internacional de La Rioja (UNIR).

Será unha formación práctica, comprensiva e profundamente respectuosa, dirixida a familias, docentes e profesionais, persoas autistas, estudantes e persoas interesadas na neurodiverxencia. A xornada formará ás persoas asistentes nos seguintes puntos: comprensión profunda do funcionamento autista; estratexias sensoriais, emocionais e executivas, ferramentas reais para o día a día e exposición de materiais e talentos autistas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.