Entregados os diplomas das persoas participantes no curso de lingua de signos de Rianxo

29 Abril 2026

Este martes 28 de abril celebrouse a entrega de diplomas do curso de lingua de signos organizado polo Concello de Rianxo. As persoas participantes (unha ducia) recibiron unha formación de 30 horas correspondente ao nivel A1.A. As sesións viñeron da man do Servizo de Xuventude municipal. O curso desenvolveuse dende o 17 de marzo ao 28 de abril.

O nivel A1 de Lingua de Signos Española (LSE) é o primeiro chanzo de usuario básico, deseñado para principiantes sen coñecementos previos. Os contidos achegan capacitación para comunicarnos en situacións cotiás, signar datos persoais, saudar e usar vocabulario elemental.

Outros artigos

O Concello de Noia retira da Alameda dúas árbores mortas

Durante os traballos previos á obra que se vai realizar no parque infantil da Alameda de Noia, os operarios municipais detectaron que varios dos exemplares existentes presentaban un estado de deterioro moi avanzado. En concreto, foi necesario retirar dúas árbores que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

“Sementar, primeiro”. Luís Celeiro

Estaban todos apañando patacas, alí onde moitas veces o fixeron, na Cortiña, naquela terra desementeira, ao pé da casa, mesmo detrás da figueira e da maceira, na que se agocha e dorme unhagaliña branca que abandonou o galiñeiro. Foi unha tarde de lembranzas, de...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.