O Concello de Noia retira da Alameda dúas árbores mortas

05 Outubro 2026

Durante os traballos previos á obra que se vai realizar no parque infantil da Alameda de Noia, os operarios municipais detectaron que varios dos exemplares existentes presentaban un estado de deterioro moi avanzado.

En concreto, foi necesario retirar dúas árbores que estaban mortas e completamente ocas no seu interior, “polo que a súa permanencia supoñía un risco, especialmente nun espazo destinado ao uso e xogo dos máis pequenos”, engadiu o Concello.

Na liña de outras intervencións como a realizada no Campo da Feira e co obxectivo de explicar as motivacións da retirada, o Goberno local lembra que actúa sobre o arborado “cando o seu estado así o require, buscando garantir a seguridade e favorecer a conservación daqueles exemplares que teñen viabilidade”.

“O noso compromiso é contribuír a legar un parque arbóreo vivo, adaptado ás características de cada lugar e, sobre todo, con futuro”, explican dende o Consistorio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.