Continúan os grupos de conversa en galego promovidos polo Concello de Boiro

16 Abril 2026

O alcalde do Concello de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, visitaron este mércores 15 de abril ás persoas participantes no curso municipal de conversa en galego, organizado pola Administración local.

Este grupo, encadrado na Rede Provincial de Grupos de Conversa en Galego da Deputación da Coruña, reúnese todos os mércores pola tarde e está dinamizado pola técnica de ensino do Concello de Boiro, que se ocupa de achegar actividades e temas de conversa así como moderar os debates co obxectivo de que as persoas participantes poidan mellorar a lingua e tamén aprender da nosa cultura e da nosa xente.

O grupo, que xa viña funcionando, está agora integrado na Rede Provincial, un sistema interconectado de espazos que alenten ao uso da lingua entre aquelas persoas que non falan o galego no seu día a día e aquelas outras que acaban de chegar á nosa terra e están en proceso de aprendizaxe.

O alcalde, José Ramón Romero, animou a todas as persoas participantes a que continúen aprendendo a nosa lingua e formando parte da actividade cotián pobo “porque estes grupos de conversa serven para moito mais que aprender un idioma, serven para aprender das nosas costumes, para socializar e para integrarse”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...