Rois e Teo seleccionarán 20 persoas para un novo obradoiro dual de emprego

29 Setembro 2026

O Concello de Rois, en colaboración co Concello de Teo, pon en marcha o Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026, un programa que combina formación e traballo para mellorar as oportunidades laborais das persoas desempregadas. As bases regulan a selección de 20 persoas como alumnado traballador, dez de Rois e dez de Teo, así como do equipo encargado de desenvolver o proxecto.

O obradoiro contará con dez prazas de operacións básicas en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e outras dez de operacións auxiliares de albanelaría, revestimentos e pavimentos exteriores. Os contratos do alumnado traballador serán de nove meses a xornada completa.

En Rois, os traballos de xardinaría e mantemento previstos inclúen actuacións nas contornas dos edificios multiúsos de Rois e da Peruca, na escola e no parque infantil da Peruca, nos parques infantís de Urdilde e Lamego, na escola infantil de Sorribas e nas escolas unitarias da Calle. Tamén se prevé a recuperación do lavadoiro do Aido dentro da especialidade de albanelaría.

En Teo, o alumnado realizará tarefas de mantemento e conservación das sendas da rede de roteiros turísticos e traballará na adecuación do lavadoiro de Casalonga e da súa contorna.

Para optar ás prazas de alumnado traballador cómpre ter 18 anos ou máis, estar en situación de desemprego e figurar como demandante de emprego dispoñible no Servizo Público de Emprego de Galicia, ademais de cumprir os demais requisitos recollidos nas bases. A oficina de emprego de Santiago Norte realizará a sondaxe de candidaturas. En datas vindeiras comunicaráselles ás persoas preseleccionadas o prazo para achegar a documentación e o calendario do proceso selectivo.

As bases prevén tamén a contratación dunha persoa para a dirección, unha para a titoría, dúas para impartir as especialidades e unha para tarefas administrativas. A titoría e o posto administrativo serán a media xornada.

O proxecto, promovido polo Concello de Rois en colaboración co Concello de Teo, está subvencionado pola Xunta de Galicia e co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social. As bases completas e as sucesivas fases da selección poden consultarse na páxina web municipal www.rois.gal.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.