Comeza a conta atrás para o inicio no Pazo de Goiáns do IV Concurso Barista

27 Abril 2026

Este xoves 30 de abril celébrase no Pazo de Goiáns a cuarta edición do Concurso Barista de Centros de Educación Especial, a partir das 10.45 horas.

O Concello de Boiro colabora coa celebración dun evento que organiza novamente o CEE López Navalón.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou os días pasados na presentación xunto con Alfonso Aguado, de Cafés Templo, e Juan Carracedo, do centro organizador.

Explicaron que estamos un campionato práctico que se celebra na especialidade de servizos de restauración dos programas formativos de centros de educación especial de toda Galicia.

Nesta edición participan o CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela), o CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos), o CEE Paxón (Nigrán), o CEE Saladino Cortizo (Vigo), o CEE Maria Mariño (A Coruña), o CEE Terra de Ferrol (Ferrol), o ACEESCA (Porriño) e o CI Burlada (Navarra).

O alumnado de cada escola fará varias elaboracións a base de café. O campionato comezará ás 10.45 horas e será retransmitido mediante a canle de YouTube de Cafés Templo. Ademais do propio concurso haberá talles de cocteleira, decoración de tortas e elaboración de mousse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.