Boiro acolle este sábado a XXXVIII Promoción do Ciclismo de Boiro – Gran Premio Ricardo Riveiro

23 Abril 2026

O Concello de Boiro colabora co Club Ciclista Barbanza na organización da XXXVIII Promoción do Ciclismo de Boiro 2026, que se celebra este sábado 25 de abril. Na presentación, que tivo lugar na mañá deste xoves 23 de abril, participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o fundador do club, Ricardo Riveiro; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e o membro da directiva, José Ramón Torrado.

A proba contará con tres circuítos distintos para as distintas idades. Por unha banda estará a proba alevín cun percorrido de 5,5 quilómetros; a proba infantil de 13,8 quilómetros e a proba cadete que percorrerá os termos municipais de Boiro e Rianxo e que será de 51 quilómetros.

“Participan nesta proba rapaces e rapazas de clubs deportivos de toda Galicia e de ámbito nacional”, afirmou Ramón Torrado.

Trátase dunha proba con varios portos de montaña e puntuará para a Copa Galicia do Porvir 2026. “Esta proba, que vai pola súa 38 edición, pon en valor o bo facer do club en materia de escolas deportivas, formando ciclistas e persoas”, recoñeceu Juan Carlos Muñiz.

O presidente do club, Ricardo Riveiro, ao que se lle dedica esta proba, agradeceu “o traballo da directiva, os pais e a implicación dos nenos e nenas que participan nas probas deportivas”. Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a presenciar esta proba que “é un referente no noso municipio, que está mais que consolidada e que demostra o gran traballo que fai o Club Ciclista Barbanza cos mais pequenos formando ciclistas”.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.