As inscricións para participar na X Andaina Solidaria de CONGALSA estarán abertas ata o 21 de maio

30 Abril 2026

O próximo 24 de maio celebrarase finalmente a décima edición da Andaina Solidaria de CONGALSA. Trátase dunha cita deportiva e humanitaria xa plenamente consolidada no calendario comarcal que axunta deporte, convivencia e solidariedade. A marcha dará comezo ás 09.30 horas con saída e chegada na praza de Segundo Durán, na Pobra do Caramiñal, sede de CONGALSA. As inscricións estarán abertas até o vindeiro 21 de maio.

“Esta nova edición da andaina reforza unha década de compromiso social da empresa coa comarca do Barbanza”, destacou os días pasados a directora de Relacións Externas da compañía, Isabel Cañas, animando á participación e destacando que se trata “dunha oportunidade única para gozar, colaborar e demostrar, unha vez máis, o noso espírito solidario”.

Temos toda a información no cartel da iniciativa. De feito, desde o código QR accederemos directamente a Deporticket, sitio web habilitado dende o que poderemos formalizar as inscricións.

O percorrido deseñado este ano, duns 10 quilómetros, permitirá aos participantes percorrer algúns dos enclaves máis representativos da zona, como Pedra da Moura, Punta de Cabío ou Praia da Laxe, nun itinerario circular pensado para todos os públicos.

A iniciativa está promovida por CONGALSA en colaboración, un ano máis, coa Asociación Amigos do Camiño de Santiago, do Barbanza e Sar – A Orixe.

Como dixemos, o prazo de inscrición está aberto ata o 21 de maio. Este ano establécense dúas modalidades de participación: individual, a partir de 13 anos, cun prezo de 5 euros; e familiar, que permite a inscrición dun adulto onda un máximo de tres menores desa idade, igualmente por 5 euros.

Coma en edicións anteriores, o obxectivo da andaina é recadar fondos e alimentos con fins sociais. Deste xeito, os quilómetros percorridos polos participantes converteranse en achegas económicas que a empresa destinará a distintas ONG da comarca.

Ademais, cada rexistrado deberá achegar polo menos un quilo ou un litro de alimentos non perecedoiros, que serán recollidos o mesmo día do evento e destinados, igualmente, a fins sociais.

Aquelas persoas que non poidan asistir terán a opción de colaborar mediante o dorsal 0, realizando unha achega solidaria sen necesidade de participar na camiñada, a través da mesma web operativa para as inscricións, Deporticket.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.