Anova organiza en Rianxo a II Xornada Municipalista Galega

17 Abril 2026

Anova-Irmandade Nacionalista celebrará o vindeiro sábado 25 de abril en Rianxo a IIª Xornada Municipalista Galega, baixo o título Conquistar avances: coidados, migración e vivenda. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 15:00 horas e é de entrada libre e aberta á cidadanía.

Tras a primeira edición celebrada o pasado novembro en Santiago de Compostela, Anova dá un segundo paso no proceso de rearticulación do municipalismo galego transformador, apostando por “achegarse ás diferentes experiencias municipalistas de Galiza”. Coa elección do 25 de Abril como data para realizar esta segunda xornada, a organización soberanista pretende, ademais, festexar o aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal, como símbolo da conquista democrática e social. Avances que só son posibles cando o pobo se organiza.

O fío condutor desta segunda edición parte da convicción política de que “a esquerda non pode conformarse con defender o xa conquistado”, sinalan, engadindo que “reconstruír o Estado do benestar é necesario, mais non é suficiente, cómpre conquistar e ampliar novos dereitos e, simultaneamente, impulsar avances materiais reais na vida das persoas”.

“O municipalismo non pode ser nin un refuxio político nin reducirse á simple xestión da monotonía”, salienta Martiño Noriega, portavoz nacional de Anova, apuntando que o municipalismo “debe exercer desde unha práctica de fondo que conecte políticas transformadoras no social coa defensa da democracia, e que sexa capaz de dar respostas concretas ás emerxencias do noso tempo, como é o caso dos coidados, da vivenda e da migración”. Con esa lóxica artéllanse as dúas mesas de debate da xornada:

— MESA 1: Benestar e Coidados: defender e ampliar conquistas sociais

Modera: Hector López (traballador social e membro da Coordinadora Nacional de Anova)

Interveñen:

Victoria Rey Mariño, psicóloga e ex-directora de CIM (Centro de Información ás Mulleres)

Teresa Elvira Muñiz, traballadora social e membro do colectivo Vico Sen Benestar

Rodrigo Gil Cedillo, educador social e fundador da ONG Caguama Instituto de Migracións Ecosociais

A mesa reflexionará sobre o estado actual do sistema de benestar e os seus retos —coidados, dependencia, saúde mental, igualdade e xénero—, pero tamén sobre como pasar de soster a ampliar dereitos a través dos servizos públicos, as municipalizacións e as redes comunitarias de coidados. O debate porá o foco na necesidade de que sen o público non hai xustiza social e, polo tanto, salientando o papel dos concellos e das administracións públicas como imprescindíbel.

— MESA 2: O acceso á vivenda como elemento de desigualdade

Modera: Iván Rodríguez (membro da Permanente de Anova)

Interveñen:

Carla Leiras, do colectivo As Ninguéns

Ana Pardo, da Asociación Provivenda

Barry Elhadj Mamadou, da Rede Veciñal de Apoio a Persoas Migrantes

Esta mesa abordará o combate as loiadas (bulos) da extrema dereita sobre migración e vivenda, con datos e argumentos, construíndo un relato común da clase traballadora —autóctona e migrante— para debater sobre as políticas municipais concretas que garantan o dereito á vivenda digna: parque público, mobilización de baleiros, alugueiro social, acollemento e integración.

As dúas mesas reservarán tempo para intervencións do público, procurando que a xornada sexa, como na edición anterior, un exercicio colectivo de reflexión e articulación estratéxica.

Celebrar Abril

O final da xornada será festivo e cun pequeno concerto de canção de intervenção portuguesa a cargo de Rui David, como homenaxe á tradición de loita e canto que une os pobos na conquista de máis liberdade e máis xustiza.

No final da presentación desta xornada, Noriega quixo subliñar que “en Anova vemos os concellos como a trincheira desde a que se poden asentar as bases que garantan unha vida digna, e debates como os coidados, a vivenda ou a migración son de estrema actualidade constitúen un dos focos do conflito político e social do noso tempo” concluíndo que “é desde o local desde onde mellor se pode responder a estes desafíos con propostas concretas e útiles para a xente”.

Anova convidará á participación de candidaturas municipalistas, colectivos e activistas que seguen a traballar por un país máis xusto, igualitario e sostíbel. “Seguimos construíndo organización para construír país”, conclúe a formación.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.