A Xunta inviste 650.000 € en melloras nos portos de Muros e Esteiro

09 Abril 2026

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, anunciou que vai investir este ano 650.000 euros en melloras nos portos muradáns de Muros e Esteiro. Así o comunicou a conselleira este xoves 9 de abril, Marta Villaverde, nunha visita á dársena na que informou das próximas actuacións.

Villaverde, que estivo acompañada polo presidente de Portos, José Antonio Álvarez, e da alcaldesa María Lago, explicou que o ente público investirá 70.000 euros na renovación integral do pavimento de madeira do peirao flotante profesional para embarcacións mexilloeiras do porto de Muros. Esta actuación atópase en licitación dentro dun contrato global para unha decena de peiraos por importe de 640.000 euros. Con este plan o ente público reforzará a resistencia das instalacións flotantes ante condicións adversas neste peirao así como nos de Lorbé (Oleiros), Muxía, A Barquiña (Outes) Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Carril (Vilagarcía de Arousa), Vilanova de Arousa, O Grove e Baiona.

A conselleira trasladou que “as obras previstas consisten no desmonte do pavimento de madeira de pasarelas, pantaláns, e fingers deteriorados, formado por táboas e dormentes de madeira e a posterior substitución por novo pavimento tecnolóxico de maior durabilidade e resistencia ante condicións climatolóxicas adversas”. O prazo de execución previsto para os traballos é de sete meses.

En concreto, no porto de Muros actuarase sobre o peirao flotante mexilloeiro situado na punta do dique. O ámbito da actuación abrangue o propio pantalán e 9 fingers, cunha superficie total de 640 metros cadrados. En todo momento facilitarase o acceso dos usuarios ás súas embarcacións, adoptando as medidas precisas.

Durante a súa visita, Villaverde lembrou tamén que Portos de Galicia ten contratado xa a mellora da rampla de Esteiro, na que investirá 215.000 euros e que dará comezo nesta primavera. Esta obra permitirá adaptar a rampla de descarga de peixe e bivalvos ás necesidades das embarcacións que operan no porto de Esteiro.

Finalmente a conselleira destacou tamén “o importante investimento que o ente público ten xa en execución no porto de Muros para a reconstrución do peirao interior”. Esta obra ten un importe de 361.000 euros e a súa finalización está prevista para o mes de maio.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.