A Xunta impulsa o futuro Hospital de Día Oncohematolóxico do Barbanza

23 Abril 2026

A Xunta impulsa o futuro Hospital de Día Oncohematolóxico do Barbanza cun contrato de 88.800 euros. O novo servizo posibilita que os pacientes de cancro desta comarca non teñan que desprazarse a Santiago para as consultas máis rutineiras e para recibir os tratamentos máis sinxelos. A previsión é atender entre 320 e 640 novos casos ao ano.

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por un importe de 88.814 euros a redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección de obra, para a construción do futuro Hospital de Día Oncohematolóxico no Hospital Público do Barbanza, en Ribeira.

A empresa encargada será Dousdé Arquitectura S.L.P., que contará cun prazo de tres meses e medio para elaborar o proxecto. En concreto, disporá de mes e medio para a redacción do proxecto básico desde a formalización do contrato, e dous meses adicionais para o proxecto de execución tras a súa aprobación. No que respecta á dirección de obra, o prazo estará condicionado á duración dos traballos de construción, incluíndo tamén as fases de recepción, liquidación e garantía.

Segundo as previsións do Servizo Galego de Saúde, o novo hospital de día permitirá atender entre 320 e 640 novos casos anuais, tendo en conta unha poboación de referencia de arredor de 64.000 habitantes. A súa posta en marcha suporá un importante avance na atención sanitaria da comarca, ao achegar tratamentos especializados sen necesidade de desprazamentos a outros centros.

O novo servizo facilitará a administración de terapias como quimioterapia ou transfusións en réxime ambulatorio, o que permitirá aos pacientes regresar aos seus fogares no mesmo día, mellorando así a súa calidade de vida e a dos seus familiares.

Ademais, o centro favorecerá unha atención máis integral e coordinada, ao reunir nun mesmo espazo profesionais de distintas especialidades como oncoloxía, hematoloxía e enfermaría, garantindo un seguimento máis próximo dos doentes.

O plan funcional contempla unha superficie total de 450 metros cadrados, situada entre a cafetería do hospital e o servizo de Rehabilitación. Entre as instalacións previstas inclúense salas de tratamento con 12 cadeiras e 2 camas, dous consultorios médicos, unha área de urxencias para posibles complicacións, zonas de espera para pacientes e familiares, así como unha sala para a preparación de fármacos e espazos destinados a probas de laboratorio e diagnóstico por imaxe.

A iniciativa enmárcase na estratexia da Xunta para reforzar a sanidade pública e mellorar a accesibilidade a servizos de alta complexidade nas áreas comarcais.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.