A Xanela do Maxín leva a Boiro, este venres, a peza para a rapazada “O monstro de cores”

06 Abril 2026

Este venres 10 de abril o Centro Social de Abanqueiro vai acoller unha representación teatral a cargo de A Xanela do Maxín: a peza para público infantil O monstro de cores. Será a partir das 20.00 horas, con entradas na billeteira dende unha hora antes da función.

O monstro de cores achéganos unha viaxe chea de cores e emocións. A historia céntrase nun monstro que se espertou confuso, xa que as súas emocións mesturáronse e non sabe como xestionalas. Coa axuda dunha nena curiosa, embarcaranse nunha emocionante aventura para poñer orde no seu interior.

Durante este espectáculo teatral, inspirado no libro de Anna Llenas, exploraranse diferentes sentimentos como a alegría, a tristeza, o medo, a ira e a calma. A través de música, xogos e un despregue de cores, os máis pequenos, a partir de 2 anos, xunto coas súas familias, aprenderán a recoñecer e expresar as súas emocións, entendendo que son compañeiras que requiren atención e comprensión.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.