A rapazada de Aguiño participa nunha xornada de oficios tradicionais sobre elaboración de zocos e pandeiretas

29 Abril 2026

A Fundación Artesanía de Galicia levou o proxecto Artesanía na Escola ata o CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño (Ribeira), a través das demostracións de dous dos oficios tradicionais máis emblemáticos de Galicia: a construción de pandeiretas e a elaboración de zocos. Concretamente participaron Xosé Manuel Sanín, do obradoiro Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela), e Elena Ferro, titular do obradoiro Eferro (Merza, Vila de Cruces).

Artesanía na Escola é un programa de divulgación impulsado pola Xunta desde o ano 2023 dirixido a achegar os oficios artesanais e os valores da artesanía aos nenos e nenas de colexios de toda Galicia. Os obxectivos deste programa son “divulgar os oficios artesanais que son patrimonio cultural e tamén sector económico, poñer en valor o produto feito á man e do profesional da artesanía como creador e transmisor de coñecementos, divulgar os vellos saberes e amosar os novos oficios vinculados a unha artesanía máis contemporánea e transmitir os valores da artesanía vinculados a un consumo responsable, á produción local e sustentable e á economía circular”.

Por último, e a longo prazo, perséguese atallar a remuda xeracional nos oficios artesanais.

Artesanía na Escola comezou con Eu son zoqueira, unha unidade didáctica dedicada ao oficio dos zoqueiros, a través da figura de Elena Ferro, responsable do taller Eferro (Merza, Vila de Cruces), un obradoiro familiar activo desde o ano 1915 e que viu recoñecida a súa traxectoria co Premio Nacional de Artesanía no ano 2019. Elena Ferro destaca polo seu traballo cun produto característico da tradición rural: os zocos de madeira. Esta artesá conseguiu un cambio no valor deste calzado de traballo, outorgándolle un novo significado sen que perdese a súa esencia e reinventándoo como complemento de moda con constantes innovacións en deseños, materiais e cores.

Pola súa banda, Xosé Manuel Salvado Sanín, do obradoiro Sanín Percusión Tradicional (Santiago de Compostela) é o protagonista da segunda das unidades didácticas de Artesanía na Escola. Eu son artesán de percusión tradicional está centrada na historia e elaboración dun dos instrumentos máis tradicionais de Galicia, a pandeireta.

A Fundación Artesanía de Galicia está a traballar xa coa terceira das unidades didácticas, Eu son artesán de figuras de pan, centrada na elaboración dos tradicionais amuletos de miga de pan típicas de Santo André de Teixido (Cedeira), os sanandresiños, moldeados con fariña e pintados á man a través do artesán Jorge Bellón (Cedeira). En breve, comezarase coas primeiras demostracións en centros de ensino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.