A Deputación destina máis de 625 000 euros para apoiar programas de igualdade de entidades sen ánimo de lucro

06 Abril 2026
Sol Agra, responsábel de Igualdade na Deputación

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña destina máis de 625 000 euros para apoiar programas de igualdade e investimentos en políticas de xénero realizados por entidades sen ánimo de lucro. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publica este luns 6 de abril a concesión provisional das subvencións correspondentes ao programa FOIO0A, dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas en políticas de xénero no ano 2026. Súmanse ás axudas, xa definitivas, do programa FOIO0B para investimentos e mellora de recursos.

Da primeira destas liñas son beneficiarias provisionalmente 47 entidades, cun importe total de 573 081,75 euros. Asemade, hai outras tres que suman 26 917,98 euros, cuxa concesión está condicionada á emenda en prazo dos requisitos sinalados na resolución publicada no BOP.

Entre as entidades que provisionalmente resultan beneficiarias destas axudas cabe sinalar algunhas tan destacadas como Cruz Vermella Española, con 28 488,94 euros; Rexenerando S. Coop. Galega, con 25 455,63 euros; a Federación Galega de ANPAS Compostela, con 22 435,04 euros; A.L.A.S Coruña con 23 739 euros ou a Asociación de Mulleres Rurais de Galicia con 16 352 euros.

Dende Igualdade da Deputación explican que “grazas a estas axudas, poderanse desenvolver proxectos moi diversos, desde programas formativos e de capacitación profesional até servizos de apoio integral a mulleres en situación de vulnerabilidade, pasando por iniciativas de sensibilización, accións comunitarias ou recursos para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral”.

A deputada de Igualdade, Sol Agra, subliña que con esta convocatoria “reafirmamos o noso compromiso co apoio ao tecido asociativo que traballa día a día pola igualdade real e efectiva”, destacando que “o cambio constrúese desde o local», polo que considera fundamental «garantir a estabilidade dos proxectos que están a transformar a realidade social desde a proximidade”.

A contía provisionalmente concedida mediante a liña FOIO0A/2026 súmase aos 52 612,11 euros xa outorgados definitivamente a finais de marzo a través do programa FOIO0B, dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2026.

Resultaron beneficiarias 15 entidades da provincia, que destinarán os fondos a obras, adquisición de equipamento para a mellora de servizos, programas e actividades en materia de igualdade de xénero.

EntidadeObxectoContía da subvención
A.L.A.S. CORUÑA (Asociación pola liberdade afectiva e sexual da Coruña)EI-2 Fomento da igualdade de xénero. Dereito a saber23.739,20 €
A.N.P.A. O Ramo do CEIPEI-4 Conciliación. Madrugadores, ludoteca e campamentos para conciliación familiar durante o ano 20266.140,97 €
A.P.A. Avilés de TaramancosEI-4 Conciliación. Actividades educativas e de apoio á conciliación3.605,63 €
A.P.A. C. Hijas Jesús de Noya A CoruñaEI-4 Conciliación. Campamento concilia verán meses de agosto e setembro3.009,14 €
A.P.A. C.P. E.G.B. Ortigueira Santa Cruz RivadullaEI-4 Conciliación e responsabilidades compartidas. Programa no verán Acamparte Fest4.557,04 €
A.P.A. Despertar CP Alejandro Rodríguez Cadarso de NoiaEI-4 Conciliación. Actividades educativas e de apoio á conciliación3.939,48 €
A.P.A. Los Quenllos del I.E.M.Y P. de CurtisEI-2 Fomento da igualdade. Círculo do bo trato1.000,00 €
A.P.A. Titongo Escuela Infantil Monte AltoEI-2 Fomento da igualdade. Fomento da igualdade na escola infantil de Monte Alto1.000,00 €
ANPA CEIP Apóstolo SantiagoEI-2 Fomento da igualdade. Continuación do programa “Medrando en igualdade”3.843,91 €
Arelas Asociación de Familias de Menores TransEI-2 Fomento da igualdade. Transformar, programa de sensibilización sobre diversidade sexual, de xénero e familiar6.153,61 €
AGRA (Asociación para a promoción e integración das mulleres galegas do rural)EV-1 Prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero. Sementando igualdade12.020,97 €
Plataforma polo EmpregoEI-3 Fomento do emprego en igualdade de oportunidades. Cabo dela15.972,70 €
Asociación TempusEI-4 Programa de conciliación. Campamentos concilia no muíño de Pedroso 202618.986,59 €
Asociación Casa da MullerEI-1 Empoderamento e participación. Aldea Muller 20265.993,36 €
AFA CEIP Mestre Rodríguez XixireiEI-4 Conciliación e responsabilidades compartidas. Actividades extraescolares 20265.747,42 €
Asociación de Movilidad HumanaEV-2 Tratamento integral da violencia de xénero. Servizo integral e interseccional ás mulleres migrantes18.800,18 €
Asociación de Mulleres con Discapacidade de GaliciaEV-1 Prevención da violencia de xénero. Vio 9 ver para erradicar15.230,12 €
Asociación Euro EumeEI-2 Fomento da igualdade de xénero e diversidade sexual. Enraizadas 202613.361,31 €
Asociación MirabalEV-1 Prevención da violencia de xénero. Programa de concienciación 20263.093,72 €
Asociación Mulleres Rurais AmurusaEI-3 Fomento do emprego. Ecosabor 20261.869,58 €
Asociación Mulleres Rurais Ceres de CarballoEI-3 Fomento do emprego. Ecoemprendemento desde a igualdade10.140,49 €
Asociación Mulleres Rurais de GaliciaEI-3 Fomento do emprego. Muller e emprendemento rural16.352,65 €
APA Arcediago A XuntanzaEI-4 Conciliación. Comedor e actividades extraescolares6.768,97 €
ALAR GaliciaEV-2 Tratamento integral da violencia de xénero. Programa Atenea18.809,82 €
Asociación PuntodelasEI-2 Fomento da igualdade. Voces que abren camiño8.603,60 €
Asociación R. y C. Los TilosEI-4 Conciliación. Un lugar para medrar7.296,04 €
ASEDUCEI-1 Empoderamento. Empodera en movemento7.766,08 €
Asociación Teenses pola IgualdadeEI-1 Empoderamento. Programa 21 anos6.121,63 €
Asociación VisiblesEI-2 Fomento da igualdade. Xeración da igualdade 202622.969,21 €
Aventeira S. Coop. GalegaEI-2 Fomento da igualdade. Lentes violeta19.987,81 €
Confederación ANPAS GalegasEI-2 Fomento da igualdade. Manuais e guías2.654,81 €
Cruz Roja EspañolaEV-2 Tratamento integral violencia de xénero28.488,94 €
Dalle que Dalle S. Coop. GalegaEI-3 Fomento do emprego. Apoio ao emprego rural7.818,91 €
FAPA Ferrol e comarcaEV-1 Prevención violencia de xénero. Encontro escolar18.842,76 €
Farmacéuticos MundiEI-2 Fomento da igualdade e diversidade sexual25.615,01 €
Federación Mulleres Rurais de GaliciaEI-1 Empoderamento. Asociadas15.607,01 €
FAGALEI-2 Fomento da igualdade. Pontes cara a igualdade18.166,15 €
Federación ANPAS CompostelaEI-4 Conciliación. Rede de ludotecas22.435,04 €
Federación de Redeiras O PeiraoEI-1 Empoderamento. Performance redeiras5.783,25 €
Feitoría Verde S. Coop. GalegaEI-1 Empoderamento. Descarboniza 202621.913,17 €
Fundación Amigos de GaliciaEI-3 Fomento do emprego. Em-femenino14.868,08 €
Fundación ECCA SocialEI-3 Fomento do emprego. Capacitación prelaboral3.919,71 €
Fundación MeniñosEI-2 Fomento da igualdade. Colexio de benquerer7.704,63 €
Fundación MujeresEI-1 Empoderamento. Apoio a coidadoras29.557,28 €
Hermanas OblatasEI-3 Fomento do emprego. Empregabilidade25.179,60 €
Rede Educativa LGBTIQ GaliciaEI-2 Fomento da igualdade. Congreso educativo6.190,54 €
Rexenerando S. Coop. GalegaEI-2 Fomento da igualdade. Laboratorio LGBT+ 202625.455,63 €
TOTAL573.081,75 €

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.