A Catedral de Santiago acolleu a solemne celebración do Venres Santo presidida polo arcebispo

04 Abril 2026

A Catedral Metropolitana de Santiago de Compostela acolleu este Venres Santo a cerimonia litúrxica da Paixón do Señor, presidida polo arcebispo Francisco José Prieto Fernández.

A celebración, marcada pola sobriedade propia desta xornada, tivo como un dos seus momentos centrais a proclamación da Paixón. Tras a lectura, o prelado convidou os fieis a profundar no significado da verdade, o sufrimento e a entrega, tomando como referencia a figura de Cristo crucificado.

Archicompostela

Durante a homilía, o arcebispo partiu da pregunta de Poncio Pilato —“que é a verdade?”— para subliñar que, no relato evanxélico, a resposta non se expresa en palabras, senón na propia vida de Xesucristo. “A resposta de Jesús é El mesmo, a súa vida entregada”, afirmou, destacando que a verdade se manifesta plenamente no amor levado ata o extremo.

O prelado repasou distintas actitudes presentes na Paixón, como a traizón de Judas Iscariote, a negación de San Pedro ou o clamor do pobo, como exemplos de como a verdade pode ser distorcida ou rexeitada. A pesar diso, incidiu en que “a verdade non morre”, mesmo cando é crucificada, definindo a cruz como unha “verdade que doe, pero que ilumina”.

Na súa intervención, tamén fixo un chamamento a non permanecer indiferentes ante o sufrimento alleo, lembrando que “seguen existindo cruces e crucificados” no mundo actual. Neste sentido, animou aos fieis para actuar como apoio para quen padece, evocando a figura do cireneo do Evanxeo.

O arcebispo tivo así mesmo un recordo para Terra Santa, convidando á oración e á solidariedade cos seus habitantes nun contexto marcado polo conflito.

A celebración concluíu coa adoración solemne da cruz, vivida nun ambiente de recollemento e silencio, acorde co carácter introspectivo do Venres Santo.

Os actos litúrxicos continuarán este Sábado Santo coa Solemne Vixilia Pascual, que se celebrará ás 22.00 horas na Catedral compostelá, marcando o paso do silencio do sepulcro á celebración da Resurrección.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.