A Aula CeMIT do Concello de Boiro oferta novos cursos formativos en novas tecnoloxías para o mes de maio. As inscricións para participar deben facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou mediante os teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
Os cursos que se van desenvolver no mes de maio son Manexo do móbil e apps, que será do día 4 ao día 7 en horario de 10.00 a 12.30 horas; Trámites electrónicos e medios de identificación, do día 12 ao 14 e de 10.00 a 13.30 horas; Introdución ao deseño e impresión 3D, do día 19 ao 21 e de 10 a 12.30 horas; e Libreoffice Calc do día 25 ao 28 en horario de 10.00 a 12.30 horas.






