A Audiencia Provincial da Coruña confirma “a falta de indicios” para procesar por agresión sexual ao ex-conselleiro do Mar

07 Abril 2026


A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña confirma o auto ditado o pasado mes de decembro polo Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol no que determinou que “non hai lugar ao procesamento do ex-conselleiro do Mar como autor dun delito de agresión sexual e deu por concluído o sumario”.

Desta forma, a sala rexeita a solicitude da acusación particular de devolver a causa contra Alfonso Villares ao órgano instrutor coa finalidade de que recibise declaración a dúas persoas. No auto, os maxistrados salientan que a investigación xa practicada “foi ampla e minuciosa” e que, baseándose nela, a xuíza instrutora “non apreciou indicios bastantes para procesar”, criterio compartido polo Ministerio Fiscal. 

“Do actuado despréndese que se practicaron todas as dilixencias pertinentes para o esclarecemento dos feitos investigados, polo que é procedente confirmar o auto de conclusión de sumario”, incide a Audiencia Provincial.

Na resolución, os xuíces explican que a controversia “non se sitúa neste caso na necesidade de completar unha investigación insuficientemente desenvolvida, senón na pretensión de obter unha nova valoración incriminatoria das actuacións para alcanzar un resultado procesual que non foi considerado procedente nin pola instrutora, tras unha investigación detallada, nin polo Ministerio Fiscal”.

Ademais, no auto, a sala sinala que as dilixencias cuxa práctica se interesa por parte da acusación particular -a declaración da condutora e a axudante da ambulancia- presentan “un carácter claramente periférico e prospectivo respecto do núcleo fáctico investigado”. Así, explica que o feito de pretender que ambos “poidan erixirse en testemuñas directas aptas para establecer, conforme á súa mera percepción e experiencia práctica, se a sintomatoloxía que presentaba a denunciante resultaba compatible cun cadro de submisión química, carece de solidez lóxica e procesual”.

A iso, engade que “non só se trata de persoas manifestamente alleas ao núcleo do feito investigado e desprovistas de cualificación pericial para efectuar unha inferencia diagnóstica desa natureza, senón que, ademais, tal hipótese xa quedou contradita por declaracións testificais de médicos especialistas e polo resultado de análises, exploracións e probas clínicas exhaustivamente practicadas”. Desta forma, a Audiencia Provincial da Coruña conclúe que “postular agora tales declaracións como vía apta para sustentar un procesamento non pasa de ser unha conxectura carecedora de base obxectiva”. Contra o auto cabe a presentación de recurso de súplica.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.