A ABE adica a 12ª edición do “Fálame Sempre” ao emprendemento feminino

14 Abril 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) organiza o vindeiro 23 de abril unha nova edición de Fálame Sempre, o seu encontro anual arredor da creatividade e a innovación empresarial, que nesta ocasión estará centrado no emprendemento feminino. O evento terá lugar no salón de actos da ABE ás 20:45 horas, cun aforo limitado a 100 persoas e carácter aberto ao público mediante inscrición previa.

Esta 12ª edición xorde como continuidade á recente presentación do libro Mans que teceron futuro, de Antón Rodríguez Gallardo, unha obra que pon en valor o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento económico e social de Boiro. A través deste encontro, a ABE busca trasladar ese recoñecemento ao presente, dando visibilidade a experiencias reais de mulleres emprendedoras e reforzando o seu compromiso coa igualdade e co fortalecemento do tecido empresarial local.

O evento estará presentado por Alberto García e Natalia Carou e manterá o formato dinámico Pecha Kucha, baseado en intervencións breves e visuais de menos de sete minutos, estruturadas en 20 imaxes con 20 segundos de duración cada unha.

Nesta edición participarán cinco proxectos liderados por mulleres con traxectorias diversas:

Vanesa Hermo, fundadora de Acento Homes, especializada en preparar vivendas para a súa venda ou alugueiro a través da creación de conexión emocional cos compradores.

Maitane Vicente, promotora de ULA Libraría Social, un espazo cultural na Serra de Outes que combina libraría, programación sociocultural e intervención comunitaria.

Nuska Chousa, creadora do proxecto Alma da Vella Chousa, centrado na divulgación da cultura e tradición rural a través das redes sociais.

Ramona Pouso e Alicia Regueira, de Frutas Reyjosa, empresa familiar con máis de 50 anos de traxectoria no sector da alimentación e floraría.

Lola Castro e María Abuín, de A de Lola, negocio tradicional de proximidade con máis de seis décadas de historia.

Con esta proposta, a ABE continúa apostando por formatos innovadores que fomentan o intercambio de experiencias e a inspiración empresarial, ao tempo que promove referentes próximos que contribúan a construír un ecosistema máis diverso, inclusivo e dinámico.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse previamente a través do formulario habilitado.

Ao remate relatoras e convidadas/os poderán compartir unha degustación nun ambiente distendido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.