A xornada do venres estará marcada pola influencia dunha baixa ao suroeste da península, deixando un tempo algo inestable tanto nas Rías Baixas como en Santiago de Compostela.
Nas Rías Baixas, espéranse intervalos nubrados durante a mañá, con apertura de claros puntuais. Non se descartan brétemas a primeiras horas, especialmente en áreas próximas ao mar.
En Santiago de Compostela, a situación será semellante pero con maior probabilidade de precipitacións pola tarde en zonas do interior e e zonas altas.
As temperaturas amosarán poucos cambios: mínimas en lixeiro ascenso e máximas en descenso suave, deixando un ambiente algo máis fresco ca en días anteriores. (Máximas entre 21 e 23 graos).
O vento soprará frouxo do leste-sueste pola mañá, xirando a norte-nordés pola tarde, con maior intensidade nas zonas costeiras das Rías Baixas.
A PRIMAVERA EMPEZA ESE VENRES 20 ÁS 15,46.

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do leste á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.




